sábado, 21 de junho de 2008

As factorías de Ferroatlántica

O aproveitamento eléctrico no Xallas causa un forte impacto
Ferroatlántica é o primeiro produtor independente de enerxía eléctrica. Conta cunha potencia instalada, repartida entre hidroeléctrica e coxeración, de 204.942 Kw cunha produción bruta anual de 475,5 GWh. Destaca o grande impacto que produce o seu aproveitamento hidroeléctrico no Río Xallas no Ézaro.
08.06.2008 RAMÓN VARELA

As ferroaliaxes que produce e comercializa Ferroatlántica teñen a súa principal aplicación no sector do aceiro e aceiro inoxidable, onde se utilizan para a desoxidación. O silicio metal que comunmente se cataloga como ferroaliaxe por producirse nun forno somerxido de arco eléctrico ten como principal aplicación a industria do aluminio e a fabricación de siliconas.

A fábrica de Ferroatlántica de Cee é unha das industrias máis antigas de Galicia. Inicia a súa actividade en 1904 cando Carburos Metálicos empeza a producir carburo de calcio, liña de produción hoxe abandonada. En 1922 comeza a fabricar ferroaliaxes - ferromanganeso FeMn–. En 1925, a fábrica amplíase e en 1935 fabrica ferrosilico -FeSi– e Silicomanganeso -SiMn–.

Ferroatlántica conta, ademais, cunha planta en Dumbría, situada a uns dez quilómetros da fábrica de Cee. A fábrica de Dumbría foi construída por Carburos Metálicos en 1975 e pertence a Ferroatlántica dende 1992 ano no que a vendeu Carburos. Dedícase a producir ferrosilico.

Finalmente conta coa factoría situada no Polígono Industrial de Sabón -Arteixo–, a 12 quilómetros da Coruña. A construción iniciouse en 1970 co nome de Silicio de Sabón S.A. empresa do grupo francés Pechiney. Púxose en funcionamento en 1972, sendo ampliada en 1976. En 1981 absorbeuna a Sociedad Española de Carburos Metálicos S.A. e en 1992 pasou a pertencer a Ferroatlántica. É a única fábrica en todo o Estado dedicada á produción de Silicio Metal1 e até hai pouco de microsílice. A obtención de silicio, que se realiza a partir do seixo –con pureza en sílice superior ao 99%– require temperaturas moi elevadas de aproximadamente 1.600ºC e precisa facerse sen impurezas, polo que se utiliza a enerxía eléctrica para o proceso e fornos de arco somerxido. Aínda que no proceso se utiliza carbón, este é un reactivo químico e un axente redutor, xa que a achega da súa enerxía é irrelevante.

Os produtos que se obteñen na factoría de Sabón son os seguintes: en primeiro lugar, silicio metal. O silicio metal que se obtén expórtase nun 45% a outros países da UE. Utilízase na industria do aluminio, fabricación de siliconas, na industria electrónica, fabricación de paneis fotovoltaicos... En segundo lugar, a microsilice obtense do captado e filtrado do fume que se orixina na produción do silicio, en filtro de mangas, contén mais dun 90% de sílice amorfa. Emprégase para fabricar fibrocemento, formigón armado, cerámica... En Sabón prodúcese tamén silicio de baixa lei. A partir do seixo fundido que non chegou a reaccionar prodúcese este produto. Está formado por sílice, silicio, carburo de silicio e óxidos de metais lixeiros. Utilízase como aditivo e abrasivo.

Finalmente atopamos os electrodos. Nesta fábrica de ferroatlántica elaborouse a partir das pulverizacións de silicio e púxose no mercado no ano 1993, o electrodo ELSA (Electrodo de Sabón), e un producto propio de I+D utilizado en diversas industrias.

Ferroatlántica é o primeiro produtor independente de enerxía eléctrica. Conta cunha potencia instalada, repartida entre hidroeléctrica e coxeración, de 204.942 Kw cunha produción bruta anual de 475,5 GWh. Destaca o grande impacto que produce o seu aproveitamento hidroeléctrico no Río Xallas no Ézaro. O Xallas é o único río do Estado e un dos poucos ríos do planeta que desemboca no mar en fervenza. Os encoros impediron que a fervenza se seguise orixinando. Só en determinados momentos do ano en anos de moita pluviosidade podemos observar este fenómeno.

A produción e venda de enerxía hidroeléctrica é moi importante para Ferroatlántica. É unha importante fonte de ingresos, ten unha potencia instalada de 198,7 Mw en centrais hidroeléctricas e unha produción en ano e medio de 475 Gwh. En coxeración ten unha potencia de 6,2 Mw e unha produción aproximadamente de 10.000 Mwh. Así mesmo pretende explotacións en minicentrais cunha potencia de 21 Mw.

Ferroatlántica benefíciase dunha tarifa especial de consumo eléctrico de baixo prezo que desaparecerá no ano 2010 por imposición da UE.


A industria conta con dúas explotacións mineiras

Ferroatlántica conta tamén con dúas minas : Cuarzos Industriales S.A e Rocas, Arcillas y Minerales, S.A. (Ramsa).

Cuarzos Industriales, S.A. (100%) explota unha mina de seixo metalúrxico: mina Serrabal de San Pedro de Vilanova en Vedra , materia prima para a fabricación de ferroaleacións. A empresa foi comprado en xaneiro de 1996 a Cimpor. A súa produción é de 284.366 toneladas, as vendas representan 3,7 millóns de euros e os beneficios 0,6 millóns.

A explotación de Serrabal entre Vedra e Boqueixón na serra do Pico Sacro estaba até mediados do ano 2000 en mans da firma Erimsa, unha empresa participada por Villar Mir e a multinacional Noruega NOr-Kvarts. O xacemento é de grande importancia, tanto pola calidade ao ser de gran pureza o sílice, como pola cantidade das súas reservas. Dende ese ano pasou a explotala exclusivamente Ferroatlántica. Como contrapartida, Nor-Kvarts fíxose co 100% de Erimsa ao ceder Ferroatlántica o 42%. Erimsa ten varias minas en Galicia e ademais chegaron a un acordo co consorcio español para seguir subministrándose da mina de Serrabal a razón de 50.000 toneladas anuais e nunhas condicións xa fixadas. Aínda hoxe podemos ver como parte do seixo que se extrae de Vedra-Boqueixón se transporta por camións ao porto da Coruña e se embarca para o norte de Europa, onde se transformara en produtos diversos como placas solares, chips de ordenador.... que seguramente volvemos mercar. No ano 2006 exportáronse polo porto da Coruña 172.992 toneladas de seixo.

Esta extracción de seixo provoca un importante impacto na serra do Pico Sacro, e deu lugar a algún accidente con desbordamento de auga e lodo monte abaixo.

En novembro do ano 2001 saíu a información pública a liña de alta velocidade AVE cun trazado que transcorre pola mina de seixo localizada na serra do Pico Sacro, entre Vedra e Boqueixón. Ramsa presentou naquel momento alegacións nas que se solicitaba un traslado alternativo ou a indemnización con 895 millóns de euros ao que a administración ofertou 200 millóns de euros.

A minería relacionada coa explotación de materia prima para fabricar ferroaleacións causa un impacto importante. Na explotación da canteira de Serrabal, en Boqueixón-Vedra, abren diferentes frontes, que van abandonando. O resultado destas intervencións é que, ademais de provocar unha deterioración do medio físico, xorden na paisaxe áreas enormes de rocha aflorando, de cor branca que chocan co contorno. Os empresarios teñen o compromiso de restaurar as canteiras antes de abandonalas, polo que a solución más estendida até o momento foi reencher con residuos e recorrer a plantacións de eucalipto en áreas delimitadas. Hai anos, esta explotación tivo problemas ao romper os muros dunha balsa de decantación e arrastra lodo e auga monte abaixo, suceso que ocasionou unha gran desfeita ambiental na ladeira.

Ramsa. Rocas, Arcillas y minerales ten unha produción en Santiago de 494.635 t/ano. As súas vendas alcanzan 7,1 millóns de euros e os beneficios 0,7 millóns. En xullo do ano 2000, Ferroatlántica adquire o 67% do capital de Rocas, Arcillas y minerales, S.A. (Ramsa)

As ferroaliaxes que produce e comercializa Ferroatlántica teñen a súa principal aplicación no sector do aceiro e aceiro inoxidable, onde se utilizan para a desoxidación. O silicio metal que comunmente se cataloga como ferroaliaxe por producirse nun forno somerxido de arco eléctrico ten como principal aplicación a industria do aluminio e a fabricación de siliconas.

A fábrica de Ferroatlántica de Cee é unha das industrias máis antigas de Galicia. Inicia a súa actividade en 1904 cando Carburos Metálicos empeza a producir carburo de calcio, liña de produción hoxe abandonada. En 1922 comeza a fabricar ferroaliaxes - ferromanganeso FeMn-. En 1925, a fábrica amplíase e en 1935 fabrica ferrosilico -FeSi- e Silicomanganeso -SiMn-.

Ferroatlántica conta, ademais, cunha planta en Dumbría, situada a uns dez quilómetros da fábrica de Cee. A fábrica de Dumbría foi construída por Carburos Metálicos en 1975 e pertence a Ferroatlántica dende 1992 ano no que a vendeu Carburos. Dedícase a producir ferrosilico.

Finalmente conta coa factoría situada no Polígono Industrial de Sabón -Arteixo-, a 12 quilómetros da Coruña. A construción iniciouse en 1970 co nome de Silicio de Sabón S.A. empresa do grupo francés Pechiney. Púxose en funcionamento en 1972, sendo ampliada en 1976. En 1981 absorbeuna a Sociedad Española de Carburos Metálicos S.A. e en 1992 pasou a pertencer a Ferroatlántica. É a única fábrica en todo o Estado dedicada á produción de Silicio Metal1 e até hai pouco de microsílice. A obtención de silicio, que se realiza a partir do seixo -con pureza en sílice superior ao 99%- require temperaturas moi elevadas de aproximadamente 1.600ºC e precisa facerse sen impurezas, polo que se utiliza a enerxía eléctrica para o proceso e fornos de arco somerxido. Aínda que no proceso se utiliza carbón, este é un reactivo químico e un axente redutor, xa que a achega da súa enerxía é irrelevante.

Os produtos que se obteñen na factoría de Sabón son os seguintes: en primeiro lugar, silicio metal. O silicio metal que se obtén expórtase nun 45% a outros países da UE. Utilízase na industria do aluminio, fabricación de siliconas, na industria electrónica, fabricación de paneis fotovoltaicos... En segundo lugar, a microsilice obtense do captado e filtrado do fume que se orixina na produción do silicio, en filtro de mangas, contén mais dun 90% de sílice amorfa. Emprégase para fabricar fibrocemento, formigón armado, cerámica... En Sabón prodúcese tamén silicio de baixa lei. A partir do seixo fundido que non chegou a reaccionar prodúcese este produto. Está formado por sílice, silicio, carburo de silicio e óxidos de metais lixeiros. Utilízase como aditivo e abrasivo.

Finalmente atopamos os electrodos. Nesta fábrica de ferroatlántica elaborouse a partir das pulverizacións de silicio e púxose no mercado no ano 1993, o electrodo ELSA (Electrodo de Sabón), e un producto propio de I+D utilizado en diversas industrias.

Ferroatlántica é o primeiro produtor independente de enerxía eléctrica. Conta cunha potencia instalada, repartida entre hidroeléctrica e coxeración, de 204.942 Kw cunha produción bruta anual de 475,5 GWh. Destaca o grande impacto que produce o seu aproveitamento hidroeléctrico no Río Xallas no Ézaro. O Xallas é o único río do Estado e un dos poucos ríos do planeta que desemboca no mar en fervenza. Os encoros impediron que a fervenza se seguise orixinando. Só en determinados momentos do ano en anos de moita pluviosidade podemos observar este fenómeno.

A produción e venda de enerxía hidroeléctrica é moi importante para Ferroatlántica. É unha importante fonte de ingresos, ten unha potencia instalada de 198,7 Mw en centrais hidroeléctricas e unha produción en ano e medio de 475 Gwh. En coxeración ten unha potencia de 6,2 Mw e unha produción aproximadamente de 10.000 Mwh. Así mesmo pretende explotacións en minicentrais cunha potencia de 21 Mw.

Ferroatlántica benefíciase dunha tarifa especial de consumo eléctrico de baixo prezo que desaparecerá no ano 2010 por imposición da UE.
_______

0 comentários: